Converxencia XXI celebra o rexeitamento do ACTA

Os liberais galegos celebramos que o pasado 4 de xullo o Parlamento Europeo rexeitase a aplicación do Acordo Comercial Anti-Falsificación (Anti-Counterfeiting Trade Agreement – ACTA), que suporía un contundente golpe ás liberdades individuais en Europa, por 478 votos en contra, 39 a favor e 165 abstencións. Antes da votación o Parlamento Europeo recibiu unha petición […]

Contra o dispendio nas infraestructuras públicas

Nos últimos anos vimos observando un modelo de actuación, por parte do goberno do Estado, en canto ás políticas de infraestructuras públicas case que esperpéntico. O goberno non só dilapida milleiros de millóns de euros en infraestructuras dos fondos públicos senón que ademais a lóxica destas infraestructuras non responde a un patrón de mellora estratéxica […]

En prol da igualdade de dereitos entre as persoas

Converxencia XXI sempre se posicionou en prol da liberdade individual. Porén, queremos aproveitar os festexos do Orgullo LGBT para reivindicar a igualdade de dereitos entre as persoas, sexa cal sexa a súa orientación sexual. Desde Converxencia XXI entendemos que o matrimonio é un dereito de tódolos cidadáns – e non un privilexio dunha colectividade – que significa […]

Contra as subvencións aos partidos políticos

Os partidos políticos maioritarios teñen promulgadas moitas leis exclusivamente ao seu servizo. Paradigmática é a que regula os subsidios que han recibir a conta de todos os contribuíntes. A suma non é nimia. Por exemplo, de acordo coa Lei Orgánica 8/2007 sobre financiamento dos partidos políticos o PP recibiu pola súa representación no Congreso no […]

Contra a reforma da Lei de bases de Réxime Local

O goberno do Partido Popular prepara a reforma da Lei de Bases de Réxime Local. Unha vez reformada esta, modificará a Lei de Facendas Locais. Polo que ten transcendido a reforma do goberno Rajoy pivotará arredor de dous eixos: 1. Mantemento do actual número de Concellos. 2. As Deputacións Provinciais fornecerán de servizos públicos aos […]

Contra o rescate da banca

Converxencia XXI foi o único partido galego que se pronunciou desde un primeiro momento, sen ambaxes, en contra dos rescates bancarios. A insistencia dos sucesivos gobernos en tirarlle as castañas do lume á banca vannos saír moi caros aos contribuíntes. Irlanda cometeu o mesmo erro de rescatar os bancos e xa vimos as súa consecuencias. Non […]

Intervención de Carlos Vázquez Padín en Radio Voz

O Secretario Xeral de Converxencia XXI, Carlos V. Padín, foi convidado xunto a representantes de UPyD e IU a participar nun debate en Radio Voz que tiña como temática a reducción da administración pública co fin de aforrar custos. Carlos Vázquez Padín rematou a intervención no debate comentando que: “As propostas que Converxencia XXI levará […]

Pola privatización dos medios de comunicación públicos

Asistimos a unha nova loita para controlar politicamente os medios de comunicación públicos, tanto a nivel estatal como autonómico. Non é a primeira vez nen será a última. Desde Converxencia XXI queremos puntualizar a nosa total oposición a tales manobras e consideramos que os medios públicos son principalmente unha ferramenta política usada para: 1. Manipular […]