O vindeiro día 13 de novembro ás 21 horas haberá unha xuntanza aberta con estudantes no Restaurante Bocalino, sito na Rúa República Arxentina nº 11 en Santiago de Compostela. Falaremos das verdadeiras ideas liberais e así poderás ver a demagoxia que actualmente as rodea e que solucións aporta á situación actual pola que […]
Uncategorized
Contra a fraude electoral do Partido Popular
O Partido Popular pretende aprobar en breve unha reforma electoral que reducirá o número de escanos no Parlamento de Galicia dos 75 actuais a 61. A desculpa aducida é o aforro que tal redución suporá para as arcas públicas. Se algo caracteriza a Converxencia 21 é a súa intención de suprimir todos os gastos superfluos […]
Contra a intervención militar en Siria
Os estados occidentais teñen o desafortunado costume de intervir frecuentemente nos asuntos internos de terceiros países. En casos extremos recorren ao uso directo da forza bruta esgrimindo razóns humanitarias para xustificar a intervención. Porén, a historia amosa que frecuentemente detrás destas louvables razóns agóchanse escuros intereses que nada teñen a ver co que se predica. […]
Foro Liberal Ibérico
Os días 14 e 15 de setembro celébrase en Madrid o Iberian Liberal Forum organizado polo Movimento Liberal Português (MLS), a Asociación Galega pola Liberdade e a Democracia (GALIDEM) e a Unión Centrista Liberal (UCL). Unha delegación de Converxencia 21 encabezada polo membro da Executiva Nacional Fernando del Río acode a esta importante cita. O […]
Outra Política Aeroportuaria é posible
Logo de tres aeroportos –concentración inaudita no orbe occidental-, centos de millóns de euros en investimentos aeroportuarios e millóns dispendiados en subsidios a compañías aéreas, Galicia segue cunhas deplorables conexións aéreas co resto do mundo e os aeroportos galegos non cesan de perder pasaxeiros. É dicir, que se estamos mal aínda podemos ir a […]
POSICIONAMENTO DE CONVERXENCIA 21 EN RELACIÓN AOS LUMES NOS MONTES GALEGOS. VERÁN 2013.
En Converxencia 21 queremos amosar o noso profundo repudio polos incendios forestais que asoballan Galicia cada verán. É inconcebible comprobar como, ano tras ano, temos que asistir á destrución progresiva dun dos mellores activos que ten a día de hoxe o noso País e pola contra as entidades administrativas non fan máis que pór parches […]
Comunicado oficial sobre o accidente en Santiago de Compostela
Desde Converxencia 21 queremos amosar o noso apoio aos familiares das vítimas do accidente de tren en Santiago acontecido onte no serán, e desexamos a pronta e completa recuperación de todos os feridos. A Executiva do Partido quere expresarlle de maneira especial ao Presidente D. Carlos Vázquez Padín o máis sincero pésame polo pasamento da […]
Converxencia 21 oponse ao financiamento público dos partidos e das súas fundacións
Converxencia 21 leva denunciando desde xa hai moito tempo o uso de fondos públicos –e por tanto a conta dos petos dos contribuíntes- para financiar a partitocracia imperante. Como xa temos sinalado, este financiamento discriminatorio altera substancialmente a concorrencia electoral –repercutindo por tanto no deficiente desempeño da nosa democracia- e, como demostran múltiples e recorrentes […]