Aquí tedes o calendario dos mitins que vai celebrar C21 en Tui. Vide a coñecer o noso proxecto.
Eventos
Proposta para a confluencia de Converxencia 21 a Alternativa Tudense
Desde Converxencia 21 de Tui temos o obxectivo de facer todo o posible para rematar con este longo e negativo período na política e na economía tudense causado, en grande medida, polos sucesivos gobernos do PP dirixidos por Antonio Rocha e Moisés Rodríguez que xa dura desde 1998 e que supuxeron o empobrecemento e acusado declive de Tui. […]
Conferencia do Ateneu Liberal Galego
Conferencia do Ateneu Liberal Galego impartida polo Prof. Ángel Carracedo o próximo martes 17 ás 20:00 no Hotel Peregrino de Santiago de Compostela. Podes ver máis detalles premendo no enlace. Non a perdas!!! O xenoma humano: problemas éticos e aplicacións clínicas
25 de Xullo. Día Nacional de Galicia.
O vindeiro día 25 de xullo os liberais galegos tamén temos o noso espazo en Santiago de Compostela para celebrar o Día Nacional de Galicia. Logo da ofrenda floral que faremos para lembrar os falecidos e accidentados no accidente de Angrois celebraremos un xantar ás 14 horas nos xardíns que hai detrás do Xulgado […]
Eleccións Europeas 25 de maio 2014
Converxencia 21 comunica que non presentou candidatura para as eleccións de 25 de maio tras tomar a decisión de centrar os seus esforzos nas vindeiras eleccións municipais do ano 2015. Nas eleccións europeas, Converxencia 21 recomenda o voto para o Partido da Liberdade Individual (P-Lib) por considerar as súas posicións en materia económica […]
Reforma tributaria
O vindeiro día 26 de abril no Parador de Tui haberá unha xuntanza aberta ás 12 da mañá na que se exporá a urxente reforma tributaria que o Estado precisa para poder sairmos da crise. Á Xuntanza será aberta e poderá acudir calquera persoa que estea interesada neste campo. Intervirá Antonio Pérez, Secretario de […]
REUNIÓN LIBERAL ABERTA
Este sábado día 30 de novembro no Restaurante Bocalino na Rúa República Arxentina nº 11 de Santiago de Compostela, teremos unha xuntanza aberta a calquera persoa que queira coñecer o noso posicionamento político. Falaremos dos postulados liberais e galeguistas necesarios para o noso país. Se queres compartir con nós un café agardámoste. A Executiva […]
XUNTANZA CON ESTUDANTES
O vindeiro día 13 de novembro ás 21 horas haberá unha xuntanza aberta con estudantes no Restaurante Bocalino, sito na Rúa República Arxentina nº 11 en Santiago de Compostela. Falaremos das verdadeiras ideas liberais e así poderás ver a demagoxia que actualmente as rodea e que solucións aporta á situación actual pola que […]