Europa como un espazo común de convivencia, cooperación e integración é unha concepción xenuinamente liberal que se retrotrae, cando menos, ao Manifesto de Oxford de 1947 e que foi confirmada na Declaración de Stuttgart en 1976. A CECA, a CEE e, hoxe, a UE, son a superación da Europa dos antagonismos que os gobernos […]
Posicionamentos
Contra a suba das cotizacións sociais
Este día 31 de xaneiro os autónomos societarios e aqueles que teñan máis de dez traballadores contratados viron que as súas cotas mensuais a pagar á Seguridade Social subiron de súpeto un 20%. A isto tamén hai que sumar o incremento das cotizacións sociais aos asalariados que inclúen conceptos antes exentos que lles implica […]
En defensa do dereito de secesión
A secesión, ou dito doutra maneira, o divorcio político, é un principio netamente liberal, que emana do direito natural dos individuos a decidir con quen se asocian politicamente. É un criterio absolutista acreditar que a permanencia nun longo tempo dunha determinada unidade política, como é o caso de España, confírelle un carácter sacrosanto, por moito […]
Contra a fraude electoral do Partido Popular
O Partido Popular pretende aprobar en breve unha reforma electoral que reducirá o número de escanos no Parlamento de Galicia dos 75 actuais a 61. A desculpa aducida é o aforro que tal redución suporá para as arcas públicas. Se algo caracteriza a Converxencia 21 é a súa intención de suprimir todos os gastos superfluos […]
Contra a intervención militar en Siria
Os estados occidentais teñen o desafortunado costume de intervir frecuentemente nos asuntos internos de terceiros países. En casos extremos recorren ao uso directo da forza bruta esgrimindo razóns humanitarias para xustificar a intervención. Porén, a historia amosa que frecuentemente detrás destas louvables razóns agóchanse escuros intereses que nada teñen a ver co que se predica. […]
Southern Europe School on Liberalism, Santiago de Compostela 2013.
Durante os vindeiros 27 e 28 de setembro terá lugar en Santiago de Compostela a Southern Europe School on Liberalism. Este importante evento está organizado entre outros pola Asociación Galega para a Liberdade e a Democracia (Galidem). A asistencia é libre ata completar aforo e está enmarcada dentro das actividades previstas para este ano organizadas […]
Outra Política Aeroportuaria é posible
Logo de tres aeroportos –concentración inaudita no orbe occidental-, centos de millóns de euros en investimentos aeroportuarios e millóns dispendiados en subsidios a compañías aéreas, Galicia segue cunhas deplorables conexións aéreas co resto do mundo e os aeroportos galegos non cesan de perder pasaxeiros. É dicir, que se estamos mal aínda podemos ir a […]
POSICIONAMENTO DE CONVERXENCIA 21 EN RELACIÓN AOS LUMES NOS MONTES GALEGOS. VERÁN 2013.
En Converxencia 21 queremos amosar o noso profundo repudio polos incendios forestais que asoballan Galicia cada verán. É inconcebible comprobar como, ano tras ano, temos que asistir á destrución progresiva dun dos mellores activos que ten a día de hoxe o noso País e pola contra as entidades administrativas non fan máis que pór parches […]