Este ano o día das Letras Galegas é adicado a Roberto Vidal Bolaño, un brillantísimo dramaturgo que sempre mantivo na súa breve e esplendorosa vida unha postura crítica contra o Poder. En ‘Laudamuco señor de ningures’, o persoaxe do Rei, representado polo propio Vidal Bolaño, séntese abandoado polos seus súbditos, e vese obrigado a ter […]
Posicionamentos
Converxencia 21 oponse ao financiamento público dos partidos e das súas fundacións
Converxencia 21 leva denunciando desde xa hai moito tempo o uso de fondos públicos –e por tanto a conta dos petos dos contribuíntes- para financiar a partitocracia imperante. Como xa temos sinalado, este financiamento discriminatorio altera substancialmente a concorrencia electoral –repercutindo por tanto no deficiente desempeño da nosa democracia- e, como demostran múltiples e recorrentes […]
"Á cidadanía", sobre a folga xeral
Á cidadanía. Diante da convocatoria de folga xeral no noso país, folga común a España, Portugal, Francia e Italia, queremos manifestar o seguinte: 1.- O dereito á folga é un dereito fundamental dos traballadores recollido no artigo 28.2 da Constitución española e está previsto e regulado no Real Decreto Lei 17/1977 de Relacións de Traballo. 2.-O art. […]
Converxencia 21 apoia ao candidato Gary Johnson nas eleccións presidenciais dos EUA
Os Liberais Galegos apoiamos ao candidato Gary Johnson (Libertarian Party) para a cita electoral deste vindeiro martes 6 de novembro. Gary Johnson é a alternativa ao status-quo que representan Barack Obama e Mitt Romney, ámbolos dous apoiados polas grandes corporacións do país. Os libertarios, fronte ao corporativismo e proteccionismo existentes na actualidade, ofertan unha vía liberal: […]
Converxencia 21 en contra do imposto de sucesións da Xunta
Converxencia 21 quere alertar das elevadas revisións que a Consellería de Facenda está realizando sobre expedientes de sucesións presentados neste exercicio para elevar a recadación por este imposto, xusto cando o Sr. Núñez Feijóo asegurou que non ía subir impostos en Galicia e mesmo chegou a levar no seu programa electoral (en 2009) a supresión deste […]
Por unha reorganización da administración pública
Reorganizando o gasto superfluo: como e porqué. A administración autonómica está sobrecargada. Isto significa, entre outras cousas, que sobran moitos organismos e entes ligados dun ou doutro xeito á administración. Non quere isto dicir que necesariamente sobre as funcións que presuntamente realizan estes organismos públicos. O que quere dicir é que sobra a estrutura implementada para […]
Lista de ‘chiringos’ que nós suprimiríamos
Premendo na seguinte ligazón poderás observar tódolos ‘chiringos’ da Xunta de Galicia que en caso de que gobernase, Converxencia XXI suprimiríaos: – Os chiringos que nós eliminaríamos. Informamos que a supresión destas redes clientelares non implica a perda de competencias por parte da Xunta, senon que serían recollidas por outras administracións competentes.
Por unha reforma das normas electorais
Comeza a campaña electoral. Por este motivo, Converxencia XXI cre que é o momento idóneo para lembrar o que desde hai tanto tempo temos denunciado: o sistema electoral réxese por unha regras feitas a imaxe e semellanza dos partidos políticos representativos do status-quo pervertendo o xogo democrático e protexéndoos da sempre disciplinante concorrencia das novas […]