A asociación de estudantes liberais celebrou Asambleas Xerais

A Asociación Liberal do Estudantado Galego, integrada na familia liberal galega, ven de celebrar o pasado sábado 18 de febreiro as súas primeiras Asambleas Xerais onde elixiron nova Xunta Directiva e determinaron os diferentes pasos a seguir pola asociación na súa nova andaina.

Unha das principais decisións da Asamblea Xeral extraordinaria foi a creación das seguintes áreas estratéxicas:
– Relacións internacionais.
– Comunicación e relacións externas.
– Difusión e rede.
– Expansión e innovación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *