Primeiro paso para a converxencia do centro galeguista

O pasado sábado 24 de marzo, os partidos galeguistas de centro xutámonos co obxectivo de constituir un foro aberto de diálogo en prol dunha suma de forzas que permitan estreitar ligazóns entre os diferentes proxectos.

Na primeira xuntanza, estando presentes: Henrique Carvalho Rodrigues (Alternativa Popular Galega) – Carlos Vázquez Padín (Converxencia XXI) – Alfredo Bea e Xaime da Pena (Partido Galeguista Demócrata) – Rosendo Covelo (Partido Nacionalista Galego-Partido Galeguista) – Guillermo Sánchez Fojo (Terra Galega), acordáronse os seguintes puntos:

1º Os partidos do galeguismo de centro cremos que Galicia precisa un compromiso redobrado nestes momentos difíciles. O noso Pais esixe un novo pulo nestes tempos de crise, tanto económica como de identidade.

2º Galicia debe ser a prioridade da política e dos políticos galegos. É a política a que ten que estar ao servizo dos cidadáns e non ao revés.

3º E por iso, comezamos un proceso de diálogo entre nós que permita traballar decidida e definitivamente na confluencia política e organizativa dos nosos partidos.

4º Un proceso aberto a aqueles cidadáns e organizacións que teñan a Galicia como prioridade e o centro como espazo político de referencia.

Eis o manifesto en prol da unión do galeguismo de centro:
Comunicado conxunto por parte dos partidos galeguistas de centro 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.