Converxencia XXI celebra o rexeitamento do ACTA

Os liberais galegos celebramos que o pasado 4 de xullo o Parlamento Europeo rexeitase a aplicación do Acordo Comercial Anti-Falsificación (Anti-Counterfeiting Trade Agreement – ACTA), que suporía un contundente golpe ás liberdades individuais en Europa, por 478 votos en contra, 39 a favor e 165 abstencións.

Antes da votación o Parlamento Europeo recibiu unha petición asinada por 2,8 millóns de cidadáns pedindo o rexeitamento do ACTA.

O ACTA suporía un endurecemento dos dereitos de propiedade intelectual mediante restriccións civís e intensificación dos controis de todo tipo ós cidadáns eliminando calquer tipo de intimidade e danando considerabelmente a liberdade individual.

Aproveitamos para denunciar os abusos que a SGAE realiza en nome dos dereitos de autor e grazas aos privilexios legais dos que goza. Por este motivo, solicitamos unha nova lei de propiedade intelectual na que se respecten os dereitos dos consumidores e usuarios e a retirada do trato de favor do que disfruta a SGAE por parte das institucións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.