One thought on “Programa electoral de C.XXI ás Eleccións Galegas

  1. J.M. Paramos Veiga Outubro 21, 2012 at 3:11 p.m. - Reply

    Hola.

    Eu son libertario. Coma dicía García-Oliver, un deses liberáis radicáis.

    De calquera xeito, quero felicitarvos polo voso programa. Pola súa coherencia, porque sodes unha moi boa resposta ó conservadurismo estatista que nos mal-governa.

    O millor governo sempre será o que menos governa. A sociedade máis livre, a que se rexe pola interacción civilizada dos intereses productivos.

    Hoxe en día, a tutelaxe de governos que defenden os intereses de grupos financieiros transnacionais, corrompendo as reglas de livre interacción económica e obviando a responsabilidade deses axentes económicos na súa debacle, está a estorbar as actividades productivas que son, precisamente, as que sustentan a economía.

    A vosa voce denunciando esta situación, urxindo á unha minimización do tingladillo político e ó fin deste orde presente de vacas sagradas, a reventar e que impiden a eficacia das interaccións económicas e sociais, pareceme merecedora dun aplauso entusiasta.

    Malia estar comprometido ca idea do apoliticismo, nos podo evitar estes días falar con todo aquel con que me atopo da coherencia do voso programa.

    Espero que obteñades a representación suficiente para seguir a facer escoitar a vosa voce e que ésta medre na sua resoancia.

    Aplausos incondicionáis.

    J.M. Paramos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *