Converxencia 21 apoia ao candidato Gary Johnson nas eleccións presidenciais dos EUA

Os Liberais Galegos apoiamos ao candidato Gary Johnson (Libertarian Party) para a cita electoral deste vindeiro martes 6 de novembro.

Gary Johnson é a alternativa ao status-quo que representan Barack Obama e Mitt Romney, ámbolos dous apoiados polas grandes corporacións do país. Os libertarios, fronte ao corporativismo e proteccionismo existentes na actualidade, ofertan unha vía liberal: a do capitalismo de libre mercado.

Gary Johnson e os libertarios americanos representan á perfección os valores liberais aplicados ó individuo e á economía que os Liberais Galegos queremos trasladar á sociedade galega.

Por iso, o día 6 de novembro, Converxencia XXI desexa unha vitória do candidato Gary Johnson nas eleccións presidenciais dos Estados Unidos de América.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *