"Á cidadanía", sobre a folga xeral

Á cidadanía.

Diante da convocatoria de folga xeral no noso país, folga común a España, Portugal, Francia e Italia, queremos manifestar o seguinte:

1.- O dereito á folga é un dereito fundamental dos traballadores recollido no artigo 28.2 da Constitución española e está previsto e regulado no Real Decreto Lei 17/1977 de Relacións de Traballo.

2.-O art. 11 do citado Real Decreto Lei establece que a folga é ilegal cando se inicie ou se sosteña por motivos políticos ou con calquera outra finalidade allea ao interese profesional dos traballadores afectados.

3.- O lema da presente folga é “Hai culpábeis, hai solucións”, ten un marcado carácter político contra as medidas que está aplicando o Goberno do Partido Popular, e ise carácter político está tamén recoñecido expresamente polos líderes de algunhas Centrais Sindicais.

4.- Nos como liberais galegos defendemos o dereito de Folga como un dereito individual, que pode adoptar calquer traballador polos motivos que estime oportunos, sexan estes profesionais ou tamén de contido político. Defendemos por tanto o dereito de calquera traballador a sumarse a unha Folga, así como a non sumarse á mesma e poder ir a traballar sen ningún tipo de coacción.

5.- O anterior é compatible co noso xuízo de que a presente Folga é un erro polas seguintes razóns:

A. Toda Folga, por esencia, se debería facer contra a empresa para conseguir unhas mellores condicións de traballo, esto é, para repartir de xeito máis equitativo o beneficio que obtén a referida empresa. Neste caso as empresas están nunha situación absolutamente precaria, e non ten obxecto a mellora concreta de condicións de traballo.

B. Toda Folga, no caso das políticas, se pode facer contra o Goberno para que mude a súa política económica, e está recoñecido de que a política económica do Goberno “ven ditada dende Bruxelas”.

C. A única posibilidade de sair da situación de crise persoal, de emprego, empresarial e económica na que estamos é convertir ás nosas empresas en máis eficientes e rentabeis, e de crear novas empresas, e a Folga provoca unhos efectos antitéticos aos anteriores.

D. Saír da crise supón reducir a súa supresión, a débeda pública, o que supón unha forte reducción e optimización do sector público.

E. Tamén supón convertirnos nunha sociedade máis eficiente, e máis libre, retallando o poder do Estado sobre os individuos, e reducindo a carga impositiva sobre as empresas e os cidadáns, únicos axentes nos que podemos confiar para recuperar a economía, e o emprego.

6.- O Partido Popular está realizando unha política equivocada, dado que non procedeu a unha devolución do poder político (ineficiente, prexudicial e liberticida) á Sociedade, e o xeito de combatir esa situación é seguir explicando á cidadanía as nosas solucións, únicas nas que acreditamos, pero constatamos que a opción política do Partido Popular foi refrendada pola cidadanía hai un ano no conxunto do Estado, e hai menos dun mes no noso País, e por tanto, o democrático, o único democrático, é convencer a maioría da cidadanía de que opte no futuro por outras posibilidades e outras solucións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *