Eleccións Europeas 25 de maio 2014

 

Converxencia 21 comunica que non presentou candidatura para as eleccións de 25 de maio tras tomar a decisión de centrar os seus esforzos nas vindeiras eleccións municipais do ano 2015.

 

Nas eleccións europeas, Converxencia 21 recomenda o voto para o Partido da Liberdade Individual (P-Lib) por considerar as súas posicións en materia económica as menos arredadas do ideario económico de Converxencia 21.

 

Aproveitamos a ocasión para chamar os liberais galegos a unirse ao proxecto de Converxencia 21 para as vindeiras eleccións e acadar os nosos obxectivos de voltarlle o poder aos individuos desmontando a estrutura do hiperestado en Galicia presente nas administracións estatais, autonómicas, provinciais, comarcais e municipais. Un disparate clientelar polo que PP, PSOE, BNG e independentes variopintos lastran no seu beneficio o benestar e a competitividade dos individuos e empresas galegas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *