25 de Xullo. Día Nacional de Galicia.

 

O vindeiro día 25 de xullo os liberais galegos tamén temos o noso espazo en Santiago de Compostela para celebrar o Día Nacional de Galicia. Logo da ofrenda floral que faremos para lembrar os falecidos e accidentados no accidente de Angrois celebraremos un xantar ás 14 horas nos xardíns que hai detrás do Xulgado do Social na Rúa Berlín, en As Fontiñas.

Todas aquelas persoas que esteades interesadas en acudir debedes enviar un correo informando da vosa asistencia ao enderezo: caixadecorreo@converxencia.eu.

Agardámosvos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.