As reformas de Converxencia 21 en dous minutos.

As nosas propostas programáticas descansan na constatación de que a sociedade galega e española para abordar con garantías o futuro confrotan os seguintes retos:
1. Son necesarias profundas reformas estruturais que melloren a competitividade da nosa economía, fomenten a creación de emprego, impulsen a eficiencia das políticas e institucións públicas e incentiven a responsabilidade dos representantes públicos.
2. É imprescindíbel un exercicio de frugalidade e racionalidade pública, reducindo o esbanxamento público e racionalizando o sector público para que gañe en eficiencia e logre dar cumprida resposta ás necesidade dos cidadáns.
3. É precisa unha reestruturación da administración do estado suprimindo as deputacións provinciais, as delegacións do goberno e autonómicas, as duplicidades entre administracións, reducindo o número de concellos e provincias e reformando os sistema de financiamento autonómico e local para lograr unha maior corresponsabilidade fiscal.
4. Necesitamos perentoriamente unha profunda rexeneración democrática. Temos que dotarnos dun sistema institucional que fomente a responsabilidade dos nosos representantes e gobernantes e penalice os comportamentos corruptos.
Afortunadamente, os modelos para as reformas existen xa nos países mais avanzados do noso entorno. A reforma educativa pode inspirarse no cheque escolar sueco, a reforma sanitaria no sistema de seguros privados obrigatorios holandés ou suízo, no que o Estado garante o acceso dos mais favorecidos, a reforma laboral na experiencia austríaca co seu fondo de capitalización individual ou na mesma Suecia, onde non existen custos de despedimento , o sistema de financiamento autonómico no federalismo fiscal alemán ou canadiano e o modelo de administración municipal na organización local dos países nórdicos. A experiencia dos outros está ai, só temos que saber aproveitala.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *