Subvencionados: dar a man e coller o brazo

A patronal e os sindicatos andan a discurrir xeitos de meterlle o dente aos orzamentos do estado como boas organizacións extractivas de rendas que son. Agora resulta que queren recibir subvencións polo papel que xogan na negociación colectiva. Após todos os escándalos que estas organizacións veñen protagonizando relacionadas coa xestión dos cursos de formación, plantexarse seguir subvencionándoas non pode entrar na cabeza de ninguén.

En Converxercia 21 coidamos que este sistema patronal-sindical herdeiro directo do sindicato vertical franquista ten que rematar dunha vez. Os sindicatos e as patronais, como organizacións que son, teñen que financiarse única e exclusivamente coas cotas que pagan os seus afiliados e representar única e exclusivamente a estes últimos.

.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *