Capitalismo de amiguetes: un paradigma antiliberal

As empresas concesionarias que explotan o túnel ferroviario de alta velocidade entre Figueras e Perpiñán veñen de presentar preconcurso de acreedores ao non poder atender os vencementos dunha débeda que acada os 500 millóns de Euros.  Nunha economía capitalista isto entra dentro do normal. As empresas arríscanse a emprender proxectos que poden ter suceso ou non, se o teñen tiran beneficios, do contrario van á quebra. O normal.

O problema xorde cando nun caso coma o que nos ocupa imos á letra pequena. Resulta que se estas empresas non chegan a un acordo cos acreedores, a concesionaria entraría en causa de disolución e a débeda revertiría nos estados frances e español, que terían que atender os pasivos da sociedade pola Responsabilidade da Administración. En definitiva, o intervencionismo da administración creou unha rede de seguridade para estas empresas privadas que nos pode custar uns 250 millóns de Euros. Así arrisca calquera, isto é o contrario ao capitalismo, é o amiguismo máis absoluto.

Logo algúns dirán que o PP é un partido liberal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *