Proposta para a confluencia de Converxencia 21 a Alternativa Tudense

Desde Converxencia 21 de Tui temos o obxectivo de facer todo o posible para rematar con este longo e negativo período na política e na economía tudense causado, en grande medida, polos sucesivos gobernos do PP dirixidos por Antonio Rocha e Moisés Rodríguez que xa dura desde 1998 e que supuxeron o empobrecemento e acusado declive de Tui.

Cómpre salientar que as eleccións municipais do vindeiro 24 de maio representan unha grande oportunidade para lograr que entre aire fresco no concello de Tui e para iso debemos sumar para maximizar as posibilidades de cambio político, xa que existe, como consecuencia da crise económica e do nefasto desempeño dos gobernos do PP en Tui e España unha decisiva porción de votantes dispostos a votar en clave reformista e renovadora.

Para lograr ese obxectivo cómpre apostar por un pacto preelectoral co obxecto de minimizar o efecto dos restos na asignación de escanos en quen aspira a que se produza un cambio que é moi necesario no noso concello, queremos tamén felicitar ao señor Capón Rey por ter manifestado publica e expresamente a súa vontade de non encabezar a candidatura do seu partido. Un novo enfrontamento entre Rocha e Capón, sendo lexítimo, se así o deciden ambos e os seus respectivos partidos, representaría unha volta a 1998, e desde logo en C21 estamos convencidos de que Tui ten que mirar cara diante.

Somos conscientes das diferenzas entre un partido de perfil conservador como Alternativa Tudense, e un partido liberal e reformista como Converxencia 21, pero coidamos que é o momento no que Tui precisa da nosa xenerosidade e, de haber vontade, consideramos perfectamente viable pactar un programa e un equipo de goberno comúns para Tui tendo en conta que Alternativa Tudense representa, sen dúbida, a parte ben intencionada e formada do conservadorismo tudense e C21 a mellor representación do liberalismo tudense e galego.

Desde C21 lanzamos agora formal e publicamente a proposta, que xa foi comunicada previamente en privado, para a posta en común de propostas programáticas e a integración, en calidade de independentes, de membros de Alternativa Tudense e afíns, nunha cantidade e posición negociables na lista que C21 presentará ás eleccións municipais de Tui do mes de maio.

 

Proposta para a confluencia de C21 a ATT

 

1 thoughts on “Proposta para a confluencia de Converxencia 21 a Alternativa Tudense

  1. farrulugo Abril 2, 2015 at 4:02 a.m. - Reply

    Pareceme una boa idea sumar a dereita liberal e a dereita conservadora, ainda que non sei se estarán pola labor. Se non o están, sempre podedes facer coma C´s con Upyd ( menuda panda de jacobinos ambos) e mostrar que os de alternativa so queren te-lo poder no seu partido.
    Penso que tendes que seguir a busacar coalicions con outras forzas ainda que a cousa non esta nada fácil. Por exemplo con Foro Lugo Independiente, que ten galeguistas dentro, ainda que non o vexo sinxelo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.