Gastar o que non se ten

O presidente do goberno leva uns anos cun mantra co que dende C21 non podemos estar máis dacordo: non se pode gastar máis do que se ten. O problema vén cando pasamos do dito ao feito e observamos que o mantra en cuestión non deixa de ser fume sen valor algún.
Como podemos ver na táboa de abaixo, cando o Sr Rajoy chegou ao poder a débeda pública tiña un montante de 743.531 millóns de euros. Como non se pode gastar o que non se ten, a débada pública debera quedar estancada nese  nivel , non? Pois non. A débada pública ao remate do ano 2014 ascendía a 1.033.857 millóns de euros: 290.326 millóns de euros máis en 3 anos! E isto sen contar a débeda oculta en empresas públicas, entes públicos, etc, etc.
Grazas ás mentiras do Sr Rajoy cada cidadan debe 22.256€. Seica si se pode gastar o que non se ten, iso si, repetindo o mantra unha e outra vez para ver se unha mentira repetida mil veces se converte nunha verdade.
España: Evolución da Débeda
Millóns € % PIB € Per Capita
2014 1.033.857 € 97,70% 22.256 €
2013 966.181 € 92,10% 20.739 €
2012 890.993 € 84,40% 19.042 €
2011 743.531 € 69,20% 15.919 €
2010 649.259 € 60,10% 13.952 €
2009 568.700 € 52,70% 12.264 €
2008 439.771 € 39,40% 9.564 €
2007 383.798 € 35,50% 8.482 €
2006 392.168 € 38,90% 8.839 €
2005 393.479 € 42,30% 9.015 €
2004 389.888 € 45,30% 9.105 €
2003 382.775 € 47,60% 9.064 €
2002 384.145 € 51,30% 9.279 €
2001 378.883 € 54,20% 9.301 €
2000 374.557 € 58,00% 9.242 €
1999 362.223 € 60,90% 9.074 €
1998 346.417 € 62,50% 8.688 €
1997 331.630 € 64,40% 8.436 €
1996 324.301 € 65,60% 8.397 €
1995 295.604 € 61,70% 7.342 €
1994 249.508 € 58,64% 6.333 €
1993 225.627 € 56,12% 6.061 €
1992 174.047 € 45,39% 5.356 €
1991 152.672 € 43,05% 4.908 €
1990 136.775 € 42,48% 4.389 €
1989 41,00% 3.779 €
1988 39,60% 3.092 €
1987 43,11% 2.933 €
1986 43,27% 2.729 €
1985 42,03% 2.471 €
1984 37,05% 2.007 €
1983 30,35% 1.452 €
1982 25,12% 1.257 €
1981 20,00% 916 €
1980 16,56% 700 €

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.