Rexeneración democrática: concorrencia e responsabilidade

A democracia no noso país non goza de demasiada boa saúde debido tanto a un deficiente deseño das regras electorais, que priman os grandes partidos e prexudican aos pequenos e dilúen a responsabilidades dos representantes ante os representado, como a unha difusa separación de poderes. O sistema na práctica instaura un sistema partitocrático no que que a vontade dos cidadáns queda a expensas das decisións das oligarquías partidarias. Ademais, necesitamos mudar moitas regras e institucións para fomentar a reponsabilidade dos representantes públicos. Só así estes terán os incentivos axeitados para levar adiante as políticas que favorezan a prosperidade e refusar de procurar o puro lucro persoal e dos achegados.

Desde Converxencia 21 avogamos por un sistema electoral limpo, equitativo e concorrencial no que todos os participantes concorran en igualdade de condicións e por un profunda reforma das institucións co obxectivo de fomentar a responsabilidade dos representantes ante os representados e garantir a efectiva división de poderes.

Por iso propomos:

1) Supresión de todas as subvencións aos partidos políticos que só favorecen o statu quo protexéndoos da sempre disciplinante concorrencia.

2) Eliminación das porcentaxes mínimas requiridas para obter representación nas cámaras.

3) Corrixir as distorsións na representación causadas pola existencia de xurisdicións electorais desequilibradas.

4) Regulación estrita da publicidade institucional.

5) Prohibición das subvencións gobernamentais aos medios de comunicación .

6) Prohibición do mailing electoral.

7) Uso obrigatorio das cabinas electorais.

8) Eliminar os espazos electorais gratuítos ao que teñen dereito os partidos políticos nos medios de comunicación, cuxos criterios de reparto só benefician aos partidos do statu quo.

9) Instaurar un novo sistema de representatividade que fomente a responsabilidade dos representantes ante os seus representados e non, como acontece actualmente, só ante a xerarquía partitocrática.

10) Os partidos deberán contabilizar a identidade dos seus donantes así como o montante da doazón.

11) Prohibir por lei a condonación das débedas dos partidos políticos.

12) Prohibir por lei as doazóns anónimas, de empresas e de organismos públicos aos partidos políticos.

13) Estatus de independencia de los medios de comunicación públicos, antes de que se produza a súa preferíbel privatización.

14) Reformar o código penal para aumentar as penas por aqueles delitos cometidos polos servidores públicos no exercicio das súas funcións.

15) Reformar a Lei Electoral para excluír aos procesados das listas.

16) Impulsar a iniciativa lexislativa popular reducindo as esixencias para a súa presentación e exercicio.

17) Regular o réxime de pensións dos deputados e altos cargos, equiparándoo ao máximo de calquera outro traballador.

18) Ampliar o réxime de incompatibilidades dos cargos públicos.

19) Os altos cargos –incluíndo familiares en primeiro grao- non poderán participar en concursos públicos nin recibir remuneracións adicionais ao seu soldo e as súas empresas non poderán recibir subvencións.

20) Reformar o regulamento da Cámara para facilitar a creación de comisións de investigación.

21) Instaurar unha lei anticorrupción que inhabilite de por vida o político e o empresario implicado en caso de suborno para poder concorrer a calquera
concurso público.

22) Os candidatos ao Consejo General del Poder Judicial e al Tribunal Constitucional deberán ser electos por maioría cualificada no Congreso.

23) Reforma da Lei Orgánica do Poder Xudicial para garantir un poder xudicial independente.

24) Impulsar a mellora da eficiencia na administración de xustiza.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *