Non á reforma electoral oligárquica e partitocrática do PPPSOE

O Partido Popular (en liña co apuntado pola líder do PSOE en Andalucía)  pretende unha reforma electoral que beneficie aos partidos do statu quo e coarte a concorrencia no mercado electoral. Converxencia 21 opónse frontalmente a tal reforma que aínda adulteraría mais a democracia española. Necesitamos unha reforma electoral, certamente, mais non como a pretendida polo PP destinada exclusivamente a afianzar o seu poder e protexerse da concorrencia. Precisamos de todo o contrario. Unha reforma electoral que incremente a concorrencia entre as diferentes opcións políticas para que sexan mais doadamente castigadas polos cidadáns cando o seu comportamento non é o requerido e unha reforma electoral que fomente a responsabilidades dos representantes ante os representados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.