Compromiso de transparecia de C21

Converxencia 21 comprométese a desenvolver o goberno municipal con honestidade, transparencia e boas prácticas. O noso compromiso é firme: non admitiremos e perseguiremos os comportamentos corruptos.

Para lograr a transparencia Converxencia 21 comprométese a abrir inmediatamente un Portal da Transparencia en internet. Un portal amigábel, claro e de uso doado para todos os usuarios no que figuren todos os ingresos e gastos do concello de xeito claro e detallado e no que se expliquen polo miúdo todos os acordos dos plenos e se detallen os pormenores de todas as políticas e programas de gasto municipais. No portal o cidadán saber rapidamente o que cobra cada quen, o que recibiu de dietas, a quen se lle adxudicou unha obra, canto costa unha obra, canto gasta o concello en luz, canto en persoal, cal é a débeda do concello,…Así o cidadán poderá en todo momento formarse unha opinón formada da xestión municipal.

VOTA CONVERXENCIA 21

JetaSantiago

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.