Se queres un aeroporto útil, competitivo e con conectividade, vota C21

O turismo ten un importante peso económico en Santiago de Compostela e tamén, claro está, en importantes zonas da Galiza. Como moi ben saben todos os implicados no sector, unha das principais eivas coas que conta o sector para o seu progreso no medio e longo prazo é a escaseza de conexións aéreas co resto de Europa. A necesidade destas conexións directas é especialmente certa para Santiago, pois a vantaxe comparativa da nosa cidade radica no turismo de “city break”, turismo de estadía curta nalgunha cidade. Por iso, a conectividade do noso aeroporto é fucral para o desenvolvemento turístico da nosa cidade, desenvolvemento que pode permitir a creaciópn de moitos postos de traballo.

Por iso, Converxencia 21 considera necesario reconsiderar a política aeroportuaria na Galiza. Ante isto C21 quer expor:

1) C21 censura totalmente calquera subvención a calquera compañía aérea que opere en calquera aeroporto pois supón unha inxusta tranferencia de renda do contribuínte a unha empresa privada e provoca unha ineficiente alocación dos recursos produtivos.

2) C21 renega do actual sistema aeorportoario baseado na xestión monopolística por parte dunha empresa pública, o intervencionsimo político e as subvencións públicas. Este sistema ten dado sobradas mostras da súa ineficiencia e corrupción con infraestruturas millonarias inútiles, un mapa aeroportuario que carece de xustificación, custos elevadísimos de xestións aeroportoaria e subvencións que chuchan os cartos do cotribuínten e axitan os peores ánimos localistas.

3) C21, por todo isto, avoga pola privatización concorrencial da xestión dos tres aeroportos galegos, mais non como pretende o goberno perpetuando o monopolio nunha empresa mixta público-privada (ese é o plan da privatización de AENA, o cal foi censurado polo organismo de defensa da concorrencia). A xestión dos tres aeroportos debería ficar en mans de tres empresas diferentes coa intención de instaurar unha sá concorrencia entre eles.

Este é o xeito de poder contar con aeroportos útiles para todos, de desenvolver o sector turísticos, de finiquitar inxustas subvencións, de rematar co localismo rastreiro e poñer fin ao populismo financiado cos cartos do contribuínte.

Por iso, é precisa unha mudanza na política aeorportoaria, os usuarios galegos sairían beneficiados, así como amplos sectores económicos.

VOTA CONVERXENCIA 21

JetaSantiago

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.