Se queres responsabilidade, vota Converxencia 21

Para que unha administración funcione é necesario que os representantes políticos rindan contas periodicamente ante os representados. O noso compromiso neste aspecto é total.

Por iso, trataremos de que a relación entre os representates municipais e os cidadáns sexan fluidas e intensas. Para iso:

1. Comprometémonos a que os representantes do goberno municipal manteñan reunións bimensuais abertas con todos os vecños nos diferentes barrios da cidade con fin de expor a marcha do goberno municipal e recoller as propostas e inquedanzas dos veciños.

2. Instauraremos un chat mensual en internet entre o alcalde e a cidadanía.

3. Retransmitiremos por internet todos os plenos municipais.

4. Consultaremos directamente á cidadanía sobre a oportunidade de realizar obras ou implementar políticas que resulten especialmente gravosas para as arcas municipais ou sexan suxeito de forte controversia.

VOTA CONVERXENCIA 21

OS LIBERAIS GALEGOS

JetaSantiago

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.