Se queres unha educación integral para os teus fillos, VOTA CONVERXENCIA 21

O principal alicerce da prosperidade e da igualdade de oportunidades é que todos os cativos independentemente da súa extracción social ou familiar teñan acceso a unha educación que lle permita desenvolver todo o seu potencial. Non é o ámbito municipal o lugar mais axeitado para emprender unha política educativa global, pois en grande medida a cuestión excede as competencias locais. Porén, algo se pode facer.

Por iso, Converxencia 21 comprométese ao desenvolvemento das seguintes políticas educativas que han permitir que todos os cativos da nosa cidade teñan acceso a unha educación de calidade. Así, comprometémonos a colaborar con todos os centros educativos da cidade para complementar desde o concello os seus medios e programas co fin de asegurar que os cativos da nosa cidade gozan das mellores oportunidades educativas. En particular:

2. Aseguraremos que todos os cativos da nosa cidade cheguen á adolescencia cun nivel fluído de inglés. Dotaremos a todos os centros educativos cos medios audiovisuais mais avanzados para a aprendizaxe de linguas. Colaboraremos con eles para desenvolver programas e cursos complementares e para procurar lectores nativos para os centros.

3. Colaboraremos cos centros educativos para asegurarmonos que todos os cativos teñan acceso a algún tipo de ensino artístico, deportivo e musical complementar. Desenvolveremos un plan municipal para facer chegar este tipo de actividades e ensinos a todos os recunchos da cidade.

4. Para a educación pre-infantil introduciremos un cheque escolar para que as familias con cativos entre 0 e 4 anos podan procurar un centro axeitado para os seus fillos e facilitar que as familias podan compaxinar a vida laboral e a familiar.

5. En colaboración coa sociedade civil impulsaremos -exercendo a laboura de coordenación, non subvencionando- a creación dun colexio privado concertado-en réxime de cooperativa ou o que se considere oportuno no seu momento- que use como língua vehicular no ensino o galego para que as familias da nosa cidade que desexen esta opción para os seus fillos a teñan dispoñíbel.

VOTA CONVERXENCIA 21

JetaSantiago

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.