Casos de éxito no sector leiteiro.

En sectores maduros, as persoas implicadas nos mesmos adoitan tomar posturas moi conservadoras do tipo: isto fíxose así toda a vida e non hai outro xeito de facelo. É isto certo? Non. Sempre hai outro xeito de facer as cousas e, de feito, se un quere obter resultados distintos aos acadados no pasado, non pode empregar as solucións de sempre, cómpre innovar.

Esta innovación estase a ver no sector leiteiro galego en exemplos coma o que queremos resaltar hoxe. Trátase de Gandeiría Guitián do Páramo (Lugo); unha explotación que vende directamente unha parte importante da súa producción leiteira, saltando intermendiarios e acadando un maior control sobre todo o ciclo de creación de valor do seu produto.

Neste enlace pódese atopar unha entrevista con estes emprendedores:

Gandería Guitián

En C21 congratulámonos de iniciativas coma esta que son a mostra clara de que o noso sector leiteiro ten futuro.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.