Eleccións Españolas

Converxencia 21 acordou de cara ás vindeiras eleccións ao Estado que se van celebrar o 20 de decembro non acudir ás mesmas. As razón si son varias pero entre outras están:
1.- Converxencua 21 cre que se deben concentrar esforzos nas eleccións que se van celebrar á Xunta o ano que vén, polo que acudir a outras citas electorais pode afectar a este obxectivo primordial, de acordo coa estratexia do partido.
2.- Converxencia 21 négase ao financiamento bancario para poder acudir a unhas eleccións, e para unha campaña coma esta e co gallo de obter notoriedade debería facer un investimento notable que nestes momentos pode comprometer o obxectivo que se detallou no punto anterior.
3.- Converxencia 21 non estivo, non está, nin estará de acordo con novos requisitos que os partidos do statu quo impuxeron para que outra forzas políticas sen representación parlamentaria poidan acudir a un proceso de eleccións, polo que non podemos máis que amosar a nosa oposición a este sistema que deliberadamente pon atrancos á libre concurrencia política.

Vémonos nas eleccións do ano que vén e poder así loitar por unha Galicia de cidadáns verdadeiramente libres e pola aposta decidida por un país próspero e moderno. Adiante Converxencia!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *