A prol da igualdade de dereitos entre as persoas

Converxencia 21 sempre se posicionou a prol da liberdade individual. Porén, queremos aproveitar os festexos do Orgullo LGBT para reivindicar a igualdade de dereitos entre as persoas, sexa cal sexa a súa orientación sexual.

Desde Converxencia 21 entendemos que o matrimonio é un dereito de tódolos cidadáns – e non un privilexio dunha colectividade – que significa unha ligazón entre dúas persoas adultas de xeito voluntario, sen importar nada máis que o consenso entre esas dúas persoas.

Opoñémonos a calquera tipo de discriminación que poidan sufrir os homes e mulleres LGBT pola súa condición e sempre estaremos a prol da liberdade individual.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.