Vota Converxencia 21. Galicia con sentidiño!

Hoxe comeza a campaña electoral para as eleccións galegas do vindeiro 25 de setembro e, como non podía ser doutro xeito, Converxencia 21 preséntase ás mesmas tal e como anunciamos hai días na rede social Twitter na que todos nos seguides.

Como candidato á Xunta preséntase o noso Secretario Xeral Garcilaso de la Vega López e, como non podía ser doutro xeito, faino pola súa circunscrición, Lugo, sendo un dos dous candidatos á Xunta que o fai por dita provincia.

Outra Galicia é posible. Unha Galicia que mire cara ao futuro, cara aos retos que un mundo novo nos está a formular, e os afronte sen medo, sabendo que ten afouteza abondo para asumir todos os mudes que están por vir, en aras de acadar un país máis próspero para todos os galegos. Sen mentiras, sen pretender illarnos do mundo como pretenden as demais forzas políticas coas súas propostas serodias e mil veces fracasadas.

Esta é a semente que quere plantar Converxencia 21 nesta campaña electoral. Axúdanos a espallala. Forma parte do noso proxecto, forma parte do futuro de Galicia.

O futuro está a agardar por nós, non perdamos un tren que adoita pasar unha soa vez. Iso si, e como di o lema da nosa campaña: Galicia, con sentidiño.

O vindeiro 25 de setembro escóllenos. Vota Converxencia 21
flyer2flyer22foto-3-3-13-12-34-36_fotor

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.