Programa electoral: Reforma da administración

Contra o dispendio e a corrupción as nosas propostas son:

  1. Reducir o número de cargos políticos nas administracións españolas nun número arredor dos 500.000 para situarnos nunha cifra por habitante próxima a Alemaña e outros países do norte de Europa, levando a cabo as reformas institucionais precisas –especialmente da administración local- e co obxectivo de reducir o gasto público e poñer couto á corrupción que asola a economía española. Esta redución de cargos políticos permitiría reducir o gasto público nunha cifra superior ao 1% do PIB español.
  2. Renunciar a rescatar empresas privadas.
  3. Eliminar os subsidios a empresas e sectores económicos (enerxético, agropecuario, carbón,…) aos partidos políticos, aos chamados axentes sociais (patronal e sindicatos) e aos medios de comunicación. Os subsidios a diversos tipos de axentes –xerme de ineficiencias e corrupción- representan mais do 1% do PIB español
  4. Instaurar procedementos públicos, limpos e transparentes na adxudicación de contratos públicos para que sexan as empresas que fan ben o seu traballo as que reciban Reducir nun 80% o número de empresas, entes e organismos públicos que frecuentemente proporcionan deficientes servizos aos cidadáns, acumulan perdas millonarias –incrementando o endebedamento público- e serven para colocar e premiar aos amigos do poder.
  5. Reducir nun 80% o número de empresas, entes e organismos públicos que frecuentemente proporcionan deficientes servizos aos cidadáns, acumulan perdas millonarias –incrementando o endebedamento público- e serven para colocar e premiar aos amigos do poder.
  6. Elaboraremos unha Lei Autonómica de Estabilidade Orzamentaria que evite os déficits estruturais, fomente a transparencia nas contas públicas e impida os trucos contábeis.
  7. Reduciremos o gasto corrente das administracións públicas.
  8. Reduciremos o gasto en privilexios dos altos cargos.
  9. Reduciremos o gasto en alugueres.
  10. Posporemos investimentos públicos innecesarios
  11. Privatizar os medios de comunicación públicos.
  12. Reforma educativa, sanitaria e das pensións que permita que os servizos sociais sexan solventes e sustentábeis a medio e longo prazo, incorporando decididamente a iniciativa privada no fornecemento dos mesmos e garantindo o acceso de todos.
  13. Nova política de infraestruturas adaptadas ás necesidades dos cidadáns e que eviten o dispendio basándose en plans que determinen a súa rendibilidade social. En particular, apostaremos por un aeroporto central de Galicia e revisaremos profundamente a política de infraestruturas ferroviarias
    apostando mais polas conexión internas, mais próximas e necesarias para os cidadáns.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.