Programa electoral: Reforma enerxética

O sector enerxético sufre dun exceso regulación e dunha ausencia crónica de concorrencia. A consecuencia é unha das enerxías maís caras de Europa e un atranco á competitividade da nosa encomía. Para evitalo as nosas propostas son:

  1. Unha mudanza completa no rumbo da política de apoio ás renovábeis. É absolutamente necesario eliminar a discrecionalidade política na elección das tecnoloxías renovábeis que entran no mercado e suprimir drasticamente os subsidios a estas enerxías. O apoio ás renovábeis debe centrarse no fomento da I+D con exencións fiscais ás empresas que investiguen co obxectivo de facilitar o seu proceso de maduración e non en pretender substituír o mercado na elección das mesmas. Debe ser o mercado o que escolla cales están listas para entrar en acción.
  2. Deixar de facer recaer sobre os consumidores custos que nada teñen a ver coa produción de electricidade tais como certas políticas medio-ambientais (premios ás renovábeis, eficiencia enerxética), de solidariedade interterritorial (sobrecustos extrapeninsulares) e sociais (subsidios ao carbón nacional, bono social).
  3. Eliminar instrumentos regulatorios ad hoc dificilmente xustificábeis, tais como pagamentos de capacidade, prezos máximos e tarifas reguladas, estas últimas son o principal obstáculo a unha real concorrencia na comercialización de electricidade.
  4. Impulsar a interconexión co resto de mercados europeos e así crear un mercado europeo da electricidade que redunde nun abaratamento dos custos de produción, ao permitir unha mellor afectación dos inputs, e nunha maior concorrencia, ao abrir o mercado a moitos mais operadores.
  5. Reconsiderar a moratoria nuclear pois a produción nuclear permite satisfacer a baixo custo o consumo base e, por tanto, dota de estabilidade ao sistema ao tempo que é unha enerxía que non emite gases de efecto invernadoiro.
  6. Introducir criterios concorrenciais na adxudicación de recursos enerxéticos non disputábeis e dos que as empresas eléctricas tradicionais están a obter suculentas rendas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.