Programa electoral: Reforma do mercado de traballo

O mercado de traballo español ten manifestado reiteradamente a súa incapacidade para crear emprego e a súa habilidade para xerar un elevado stock de desempregados en canto a situación económica empeora. A súa rixidez é proverbial, sen igual nos países máis prósperos do nosa contorna. As regras imperantes están condenando a unha ampla fracción da poboación a padecer a precariedade e o desemprego.

En Converxencia 21 acreditamos que é posíbel outro marco de relacións laborais que permita que o traballo deixe de ser un ben endemicamente escaso no noso país. Acreditamos que pode e debe haber traballo para todos.

Para acadalo, as nosas propostas son:

  1. Instauración dun contrato laboral único.
  2. Eliminar a distinción entre despedimento procedente e improcedente para así rematar coa lacra da xudicialización das nosa relacións laborais.
  3. Substituír as indemnizacións por despedimento por unha contribución empresarial mensual -do 1,5% do salario bruto do traballador- a un fondo de capitalización individual ao que o traballador teña acceso independentemente de se é despedido ou abandona voluntariamente o seu emprego, que conserve aínda cando mude voluntariamente de emprego e que poda acumular para a súa xubilación.
  4. Un novo marco de negociación colectiva de carácter estritamente descentralizado no que exista un predominancia absoluta dos convenios de empresa sobre calquera outros de ámbito superior, no que non se podan prorrogar os convenios colectivos alén de seis meses, no que ninguén se vexa sometido ás condicións dun convenio colectivo se non se adheriu explicitamente a el.
  5. As tarefas de formación para desempregados e ocupados deben ser retiradas das mans do sindicatos.
  6. Eliminación da figura dos liberados sindicais

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *