Programa electoral: Medio rural

Nas políticas de medio rural é prioritario reformar as regras do xogo escoitando todas as voces dos implicados e eliminado privilexios dos que algúns gozan.

É por todos sabido cal é actual situación do campo galego e cales poderían ser as cotas ás que podería chegar debido ó enorme potencial que atesoura e que ninguén lle nega. Dende hai anos asistimos a como unha lexislación proteccionista (imposta por Europa en moitas ocasións e  moi mal defendida dende Madrid) impide que Galicia dea o gran salto á modernidade do século XXI no que respecta xestión agrícola e forestal.

Necesitamos que crean en nós, pero o que aínda é máis importante, necesitamos crer que temos potencial suficiente como para competir en calquera mercado do mundo. En Converxencia 21 acreditamos en que contando co marco regulatorio axeitado que fomente a responsabilidade e iniciativa de todos os axentes implicados na procura da rendibilidade dos recursos agropecuarios podemos atinxir este fin ao tempo que potenciamos o valor ecolóxico do noso medio natural.

Por iso, as nosas proposta son:

  1. Como organización liberal que é Converxencia 21, oponse a que a actividade agraria siga nun sendeiro intervencionista e subsidiario polo que discorre actualmente. Por iso consideramos axeitada a viraxe da Política Agraria Común (PAC) cara outros puntos de actuación que eviten en todo intre o financiamento público das explotacións, xa que estas deben ser rendiíbeis coma calquera outra empresa de calquera sector económico.
  2. Para evitar o desaproveitamento de terras produtivas propugnamos a eliminación do IBI para aquelas terras que se destinen a usos produtivos.
  3. Eliminación do “catastrazo” que ten suposto un icremento moi significativo de impostos ás atividades agrarias nun intre de crise como a que padecen.
  4. Sería axeitado revisar a Lei 7/2012 do 28 de xuño, de montes de Galicia recentemente aprobada. A maior parte dos montes galegos son, afortunadamente, de natureza privada. Existen montes veciñais en man común que a lei considera privados, mais que están suxeitos a unhas consideracións especiais coas que Converxencia 21 discrepa. Estes montes están considerados pola lei como bens indivisíbeis, inalienábeis, imprescritíbeis e inembargábeis. Somos partícipes de “empresarizar” estas asociacións e que deixen de atesourar certos privilexios que impiden a libre competencia dentro do sector forestal.
  5. Revisaremos a política contra o lume forestal. A praga de incendios Este é un dos motivos polos cales os propietarios de fincas forestais son reticentes a investir no monte. Do mesmo xeito que a ninguén se lle ocorrería atentar contra calquera outro recurso natural de proveito, tampouco se lle debería ocorrer facelo contra o monte. Por eso é necesario conferir valor ó monte e ofertar facilidades para que as persoas vexan o monte coma unha oportunidade de negocio. Na actual situación de abandono (motivada polo inmobilismo da administración) é lóxico que a situación non mude co paso do tempo.
  6. Converxencia 21 móstrase rotundamente en contra dos mal chamados “impostos verdes”. Entendemos que existen outra fórmulas moito mellores para procurar unha correcta e axeitada conservación do medio natural. A administración débese limitar a elaboración dunha lexislación razoada en calquera ámbito que afecte ó medio ambiente e a vixiar que esta se cumpra.
  7. Revisión e modificación da actual Lei 9/2001 de Conservación da Natureza de Galicia para simplificar a actuais figuras de protección. Entendemos que non é necesario elaborar figuras tan complexas que inducen a engano. Pola contra pensamos que é moito mellor estruturalas de xeito xerárquico e sémpre coa participación dos propietarios das fincas. O desenvolvemento sustentábel non o é se desestima algún dos vértices do triángulo ecolóxico (sociedade, ecoloxía e economía), polo que as perdas de dereitos dos propietarios nalgún destes factores deberá ser recompensada dalgún xeito. A mellor forma é que os donos dos terreos afectados por unha figura de protección participen na toma de decisións e por ende na xestión do devandito espazo.
  8. Mudaremos o enfoque das políticas en relación ás enerxías renovábeis fomentando a investigación de novas fórmulas de obtención de enerxía que realmente sexan eficientes. Non podemos manter o actual sistema de producción onde o importante non é canto produces ou como o produces, senón que o que realmente interesa e tentar xustificar unha actividade a través do intervencionismo público. Por eso é imperioso rematar coas axudas ás renovables per se e fomentar a investigación nas empresas e nas universidades para obter verdadeiras enerxías renovables.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *