Programa electoral: Reforma do sistema de saúde

Para Converxencia 21 é esencial potenciar o acceso de todos os cidadáns a servizos de saúde da calidade. Porén, esta tarefa ten sido descoidada por todos os gobernos, como proba o facto da mala situación do sistema de saúde público, como corroboran todas as comparativas internacionais.

En Converxencia 21 acreditamos que é necesaria unha profunda reforma do sistema de saúde para mellorar a súa calidade e a súa equidade. O noso sistema de saúde padece de escasísima concorrencia no fornecemento dos servizos públicos, de pouca flexibilidade na organización dos recursos, de colectivos privilexiados e dun pouco riguroso análise das súas deficiencias e necesidades.

Por iso, as nosas propostas son:

  1. Manter os servizos sanitarios incrementando a súa eficiencia.
  2. As receitas deben ser feitas por principio activo, nunca por marca comercial.
  3. Introducir o cheque sanitario que permita ao paciente escoller o seu fornecedor de servizos sanitarios co fin de incorporar a concorrencia ao mercado que incentive a eficiencia e a adaptación ás necesidades do usuario.
  4. Impulsar outras melloras na eficiencia dos recursos empregados.
  5. Potenciar a presenza social nos consellos reitores dos hospitais. Desenvolvemento dos Dereitos do Paciente.
  6. Insistir na transparencia dos custos da asistencia sanitaria, así os hospitais e outros servizos sanitarios entregarán ao paciente unha factura detallada dos custos soportados.
  7. Potenciar a autonomía na xestión hospitalaria.
  8. Fomentar la cooperación público-privada como xeito de garantir o obxetivo de manter un sistema universal de saúde.
  9. Avaliar periodicamente a calidade dos servizos sanitarios ofrecidos por cada fornecedor.
  10. Crear unha Oficina de Atención ao Paciente que vele polos seus dereitos e o manteña informado dos servizos existentes, así como da súa calidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *