Programa electoral: Sociedade da información

Acreditamos na liberdade e por iso renegamos de todos os intentos gobernamentais de controlar o espazo de liberdade que é internet. Somos conscientes de que os autores e innovadores teñen que se retribuídos polo seu esforzo, porén consideramos que os diferentes gobernos deste país claudicaron ante a presión dos lobbies de autores concedéndolles privilexios que non lle corresponden que supoñen un auténtico abuso para os usuarios.

En Converxencia 21 acreditamos en que é posíbel construír un auténtico espazo de liberdade en internet e confrontar o desafío das tecnoloxías da información harmonizando os intereses de todos os implicados, autores e usuarios.

Por iso, as nosas propostas son:

  1. Sociedade da información: liberdade e fin de privilexios
  2. Estamos en contra do bloqueo preventivo de páxinas web
  3. Estamos en contra da clausura de páxinas web sen orden xudicial
  4. Esixiremos aos fornecedores de servizos por internet estándares mínimos de seguranza para garantir a privacidade dos usuarios.
  5. Eliminaremos a taxa das sociedades de autores á reproducción de música e imaxes en estabelecementos públicos.
  6. Reformaremos as leis de propiedade intelectual para modificar a protección da que gozan os produtos de software para evitar o uso fraudulento da protección legal co fin de evitar a entrada no mercado de novos competidores.
  7. Garantiremos a recepción das televisións portuguesas en Galicia

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *