Rolda de prensa na que C21 Tui reitera a súa disposición ao diálogo para conformar un goberno alternativo

Dende C21 Tui facemos unha valoración positiva do proceso de renovación no seo do centro-dereita tudense que nos leva a reiterar a nosa disposición ao diálogo para a constitución dun goberno alternativo.

O devandito diálogo ten que ter un carácter programático; calquera posibilidade de cambio de goberno ten que estar baseado nun acordo previo sobre un programa de medidas pensadas para mellorar Tui e, xa que logo, a calidade de vida dos seus habitantes. Neste eido, as liñas mestras das nosas propostas son:

  • Un paquete moi ambicioso de rebaixas fiscais e de devolución do poder á sociedade civil.
  • Prioridade urbanística na dotación de aparcamento, porque o aparcamento en circunstancias claramente inadecuadas, como a traseira da Area Panorámica, está atascando cambios imprescindibles.
  • Transparencia: Tui é hoxe penúltimo concello de Galicia nos rankings de transparencia, no que queda de mandato isto debería ser drásticamente mellorado.
  • Participación: Inquéritos através de internet e orzamentos participativos para as parroquias do rural.
  • Aposta trasversal polo casco histórico como o principal activo de Tui: dotación de servizos, investimentos, etc.

Calquera goberno que conte coa presenza de C21 supón un cambio profundo; hai que ter en conta que estamos ante o único partido nítidamente liberal do panorama político galego e desde logo non hai un só exemplo en Galicia e moi poucos no sul de Europa gobernados desde o paradigma liberal.

Carlos Vázquez Padín

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.