Converxencia 21 adopta a dupla normativa do galego

DUPLA NORMATIVA DO GALEGO

Converxencia 21 aprobou o sábado 1 de xullo de 2017, na reunión mensual da súa Executiva, admitir a dupla normativa do galego, isto é, a da Real Academia Galega e a do Acordo Ortográfico.

O artigo 2 dos Estatutos de Converxencia 21 estabelece que “O galego é a lingua oficial de Converxencia 21, toda a súa comunicación oral e escrita, tanto interna como externa, deberá ser neste idioma. Como partido de inspiración liberal a lingua na que falen os nosos afiliados na súa vida privada non é da nosa incumbencia”.

Con esta decisión, que de entrada ten un valor máis declarativo que práctico, preténdese incorporar o galego ao estándar normativo da escrita das falas irmás de Portugal, Brasil e outros países por onde se espallou a lingua orixinaria da Gallaecia medieval. A relación, e contrapeso, entre as dúas normativas do galego, a da RAG e a internacional, virá dada polo uso que os cidadáns fagan dunha e doutra. Converxencia 21, como partido de inspiración liberal, habilita os medios para que esta concorrencia enriquecedora poida ter lugar.

DUPLA NORMATIVA DO GALEGO

Convergência 21 aprovou no sábado 1 de julho de 2017, na reunião mensal da sua Executiva, admitir a dupla normativa do galego, isto é, a da Real Academia Galega e a do Acordo Ortográfico.

O artigo 2 dos Estatutos de Convergência 21 estabelece que “O galego é a língua oficial de Convergência 21, toda a sua comunicação oral e escrita, tanto interna como externa, deverá ser neste idioma. Como partido de inspiração liberal a língua na que falem os nossos afiliados na sua vida privada nao é da nossa incumbência”.

Com esta decisão, que de entrada tem um valor mais declarativo do que prático, pretende-se incorporar o galego ao standard normativo da escrita das falas irmãs de Portugal, Brasil e outros países por onde se espalhou a língua originária da Gallaecia medieval. A relação, e contrapeso, entre as duas normativas do galego, a da RAG e a internacional, virá dada pelo uso que os cidadãos façam de uma e doutra. Convergência 21, como partido de inspiração liberal, habilita os meios para que esta concorrência enriquecedora possa ter lugar.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *