Acordo programático PP-C21 para o goberno do concello de Tui

As direccións de Partido Popular e Converxencia 21 despois de varias xuntanzas de traballo acordan o seguinte programa para a súa implementación por parte do goberno de coalición entre ambos os partidos.  Os garantes do acordo que describimos a continuación, son os nove integrantes do goberno que propomos, así como cargos supramunicipais de ambas organizacións: Don José Manuel Cores Touris, en calidade de Secretario Xeral do PP de Pontevedra e como garante do compromiso das administracións supramunicipais gobernadas polo Partido Popular e Don Garcilaso de la Vega López en calidade de Secretario Xeral de C21.
RURAL
  1. Investimentos no rural por valor a concretar en función da cantidade que se poida investir do remanente tendo en conta cumprimento de regra de gasto e estabilidade orzamentaria,  repartidos en función da poboación de cada parroquia e decididos mediante orzamentos participativos (son os viciños os que deciden) e financiados con cargo ao remanente de tesouraria.
  2. Defensa da liberdade dos viciños para permanecer conectados a traídas de augas privadas se o consideran da súa conveniencia.

FISCALIDADE

  1. Impostos: supresión do imposto da plusvalía; rebaixas no IBI, ICIO e IAE.
  2. Taxas: buscar encaixe legal para a revisión das taxas do conservatorio co obxectivo de distribuir maior cantidade do custo do conservatorio aos alunos que non estean empadronados en Tui.
URBANISMO
  1. O atasco no departamento de urbanismo continua sendo o maior problema de Tui, o novo goberno ten que estar diposto a facer todo o posible para que funcione de forma áxil e eficaz. Temos que acabar coa expulsión de investimento xenerada pola lentitude de resposta e coa inseguranza xurídica. O dano que causa a Tui é inasumible.
  2. Negociar coas comunidades de veciños do ensanche a dotación de pistas deportivas nos patios interiores.
  3. Prioridade para o desenvolvimento do parking na traseira do seminario.
  4. Tratar de facer un leira-parking na rúa Calzada para, ademáis do aparcamento do seminario, poder retirar os veículos estacionados de Antero Rubín e Calzada, mantendo esta rua como de dobre dirección.
  5. Executar a abertura da rúa Ourense cara o sul e comezar a tramitación da abertura da mesma rúa cara o norte.
  6. Comezar a tramitación para executar o que prevé o PXOM a respecto da conversión da traseira da Área Panorámica en zona verde.
  7. Negociación con empresas de distribución para a reforma e instalación na Praza de Abastos dun supermercado que lle de viabilidade comercial de futuro á praza.
CIDADE MONUMENTAL
  1. Compromiso da Xunta e do Goberno de España na rehabilitación do Teatro Principal.
  2. Comezar a tramitación para a construcción de galerías subterráneas que permitan soterrar o cableado eléctrico, renovar o saneamento e instalar fibra óptica e de distribución de gas.
  3. Impulso da Área de Rehabilitación Integral.
  4. Creación do centro de interpretación do casco histórico.
COMERCIO
  1. Procura de alternativas para concentrar o mercado dos xoves nunha única zona. Trátase de desconxestionar a cidade;  é terceiro mundista paralizar o centro urbano un día cada semana.
PARTICIPACIÓN E TRANSPARENCIA
  1. Instalación e uso dunha ferramenta informática (Muneval ou similar) para impulsar a Evaluación, transparencia e participación.
RÍO
  1. Acondicionamento das dúas praias fluviais de Tui para desfrute dos tudenses e visitantes. Traballar coa vista posta na obtención da bandeira azul para ambas as praias.
  2. Impulso da senda peonil á beira do rio Miño.
EFICIENCIA ECONÓMICA
  1. Substitución das bombillas actuais por bombillas led en todo o alumeado público do concello.
  2. Licitación do punto limpo e melloras na xestión do lixo afondando na aposta pola reciclaxe e compostaxe. No momento no que a redución do custo o permita, rebaixar a taxa; non antes.
  3. Procurar algún investimento financeiro que forneza seguridade e rentabilidade para a parte do remanente que estea sen utilizar.
  4. Cronómetro anti débeda. Que nun lugar público mida o tempo que pasou desde que o concello de Tui non ten ningún tipo de débeda.
SEGURIDADE
  1. Reforzar a seguridade nas noites do sábado no casco vello como prioridade.
  2. Impulsar protección civil desde unha perspectiva exclusivamente de voluntariado; contar coa dotación de medios que facilita a Xunta.
INTERNET
  1. Creación de subdominios de turismo e de transparencia na web municipal.
XUNTA
  1. Compra finca por parte do concello. Ampliación nº1 e compromiso Xunta acondicionar esa ampliación.
  2. Execución durante este mandato da: inicio obras acceso desde a VAC ao polígono de Areas , construcción dos novos xulgados e rotonda no enlace entre a estrada que procede da EDAR e a estrada Guillarei-Caldelas.
  3. Novo pantalán deportivo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *