Converxencia 21 preséntase ás eleccións xerais do 28 de abril na provincia de Lugo.

Converxencia 21 é un partido modesto. Sabemos que actualmente non temos capacidade para sacar representación parlamentar nas catro provincias galegas. Mais ainda, todos debemos ser conscientes das trabas que o sistema electoral coloca aos partidos pequenos. Para presentar listas en todas as circunscripcións debemos recoller un enorme número de sinaturas. Este traballo supón largas horas e intensos días para a militancia abordando á xente nas rúas, chova ou faga sol. Os partidos do statu quo non precisan cumprimentar este trámite. Así é como a oligarquía partidaria se protexe dos mais febles. Por todo isto, renunciamos a presentarnos nas catro provincias, mais, ainda que só sexa como protesta e para deixar constancia da nosa loita, optamos por presentármonos na provincia de Lugo. Tanto ao Congreso como ao Senado. Por iso, estimado elector, se estás cheo dos de sempre, se queres unha nova alternativa liberal e galeguista, a papeleta de Converxencia 21 estará á túa disposición nas próximas eleccións xerais na provincia de Lugo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.