Colabora

Colabora connosco!

Converxencia 21 é un proxecto que nace coa vontade de convertirse nunha ferramenta ao servizo das persoas. Temos o firme obxectivo de elaborar unha nova axenda que axude a construír unha sociedade máis moderna, xusta e próspera. Isto só vai ser posible se conseguimos estar presentes nas principais institucións: concellos, Parlamento de Galicia, Xunta de Galicia, Congreso dos Deputados, Senado e Parlamento Europeo. E este propósito só poderemos conseguilo coa túa colaboración.

Hai moitas maneiras de colaborar con C21:

Convértete en membro de C21

En Converxencia 21 buscamos xente comprometida co futuro de Galicia para implantar o noso proxecto en todos os concellos do país. Hai dúas maneiras de colaborar máis activamente con C21:
1) Como simpatizante…… Ir a Contacto
2) Como persoa afiliada… Ficha de Afiliación de Converxencia 21

Nas redes sociais

Podes colaborar facéndote seguidor do noso partido nas redes sociais ou dos nosos blogs.

Clica aquí para facerte seguidor en facebook.
Clica aquí para facerte seguidor en twitter.

Doa

Cada euro recibido será empregado para facer campaña a favor dunha Galicia mellor.

A diferenza dos partidos con representación parlamentaria en C21 non contamos con subvencións públicas nin con doazóns de grandes corporacións. A base do noso financiamento son as aportación dos nosos afiliados e as doazóns dos simpatizantes. Por isto e porque acreditamos firmemente no compromiso da sociedade civil calquera aportación é benvida.

Podes colaborar connosco mediante unha doazón online via PayPal: