Economía e Emprego
• Unha política de facenda responsable.
• Desenvolvemento dos polígonos industriais coa máxima sensibilidade ambiental e patrimonial.
• Fiscalidade atractiva: Reordenación e baixada do IAE para empresas, bonificación do IBI (3 anos) a vivendas que implanten sistemas de aproveitamento térmico e enerxético. Redución do ICIO para locais e vivendas en tódolos casos contemplados pola lei.
• Baixada da taxa do lixo aos hoteis.
• Recuperación da actividade económica e turística no Centro Histórico.
• Proxecto “Pasaportui” para a potenciar o comercio e a hostalería.
• Reconfiguración do Mercado dos Xoves.
Patrimonio e Cultura
• Recuperación e divulgación do patrimonio das parroquias e loita contra o feísmo e a degradación.
• Potenciación das figuras de Frei Rosendo Salvado e Lucas de Tui.
• Festa medieval de verán (Pacto de Tui) e conveniar os festivais xa existentes.
• Zona de protección e proxecto do concurso de Ideas da Fronte Fluvial no Arrabalde de Freanxo.
Medio Ambiente e Medio Rural
• Recuperación ambiental das sendas e praias fluviais do Miño e os seus afluentes.
• Potenciación de polígonos agroforestais e deseño dun anel verde.
Ensino
• Creación do Consello Escolar Municipal.
Deportes
• Estudo de proxectos para a creación dunha futura Cidade Deportiva na finca da Lagarteira.
Turismo
• Seguimento e mellora do Plan Director de Turismo de C21.
• Atracción de investimentos exteriores.
• Potenciar a Rede de Xuderías, Ruta da Camelia, Camiños de Santiago e Fátima, e valorización da irmá Lúcia nas Doroteas.
Infraestruturas viarias
• Apertura da Rúa Ourense pola cara Norte.
• Apertura da Rúa Videira.
• Proxecto viario para conectar a Rúa Maristas con Pazos de Reis.
• Habilitación do aparcamento no centro da cidade, viabilizando a licenza do Centro de Saúde.
• Creación de estacionamentos de proximidade e ampliación do aparcamento en superficie, así como regulación do tráfico para a circunvalación e a circulación fluída.
• Zona infantil na Rúa Compostela.
• Entorno da fonte de San Domingos.
• Intervención para dotación de servizos e beirarrúas e firme en Rúa Calzada, San Bartolomeu, Avda. da Concordia, rúas interiores e Travesa de San Domingos.
• Eliminación progresiva dos PERIS.
• Solución dos principais problemas na Pousa do Bispo e Río Muíños.
Servizos e equipamentos públicos.
• Creación do “Edificio de Seguridade Cidadá” en Camilo José Cela: Xefatura de Policía Local, Sede de Protección Civil e dotación de acción rápida contra incendios.
• Mellora da xestión e ampliación do Conservatorio de Música.
• Establecemento do “Edificio Social” en Camfran: centro para maiores, sede saúde mental, Cruz Vermella, asociacións asistenciais e Dpto. de Asuntos Sociais.
• Protección social en Vivendas de Caldelas, estudo de propostas para o Viveiro Forestal de Areas e rehabilitación do Teatro Principal.
• Centro de interpretación na casa natal de Frei Rosendo Salvado.
• Servizo de limpeza viaria máis eficaz. Licitación do mantemento de Parques e Xardíns. Mellorar servizo e abaratar custes.
• Mantemento dos colexios, impulso das obras necesarias e execución do patio do Colexio Nº1.
• Mellora do sistema de alumeado da cidade e das parroquias.
• Marquesiñas e estudo transporte público.
• Clave: Un Urbanismo moderno e áxil no edificio da Praza da Inmaculada.
Participación e deseño de futuro. • Creación da Plataforma de Participación Cidadá + Consello Interparroquias + Axenda Urbana + Comisión Permanente Eurocidade + Tui, Cidade Amiga da Infancia.
• Plan de emerxencias do Centro Histórico.
• Estudo de accesibilidade entre o Centro histórico e a zona fluvial.
As nosas parroquias. O MIL: Mobilidade, Iluminación e Limpeza.
• Areas. Accesos peonís na zona comercial de San Martiño. Mellora da seguridade peonil nas vías interiores.
• Baldráns. Mellora da iluminación e humanización do torreiro da festa.
• Caldelas. Solicitar á Xunta e ADIF intervención na PO – 404 pola estación de Baños. Local Social de Caldelas. O Pontillón. Reforma dos badéns nas EP – 2505 e 3004.
• Guillarei. Arranxo dos muíños e entorno entre os ríos Pombal e Porto. Campo de fútbol. Estrada entre Igrexa e Fonte das Rodas. Pavillón. Solicitar a ADIF valos en varias pontes.
• Malvas. Melloras no saneamento e augas pola estrada de Sambade. Arranxo do parque infantil.
• Paramos. Entorno de San Caetano. Reivindicación pola semaforización da PO-404, diante do Centro Cultural.
• Pexegueiro. Tramo peonil entre a Igrexa de San Miguel e o Centro O Mosteiro, con sinalización e adecuación da contorna.
• Pazos de Reis. Estudo de infraestruturas e aparcamento no Colexio da Porteliña. Proxectos de
cooperación ca Entidade Menor.
• Randufe. Beirarrúa entre Randufe e Tui. Mellora do acceso a Igrexa da Guía. Valos de protección acústica. Pasos de peóns no entorno da autovía.
• Rebordáns. Valos de seguridade na estrada da Devesa. Intervención nos camiños RE – 1037 e Mellora do parque infantil na Ponderosa.
• Ribadelouro. Beirarrúas tramo Cerquido – Magdalena – San Simón. Saneamento.