A chorima, flor do toxo, é o símbolo de Converxencia XXI.

Esta fermosa flor enche de vida e colorido os montes da nosa terra. A chorima pasa por ser a flor nacional galega.

Existen tres tipos de toxo en Galicia: o toxo gateño (Ulex nanus), o toxo femia (Ulex galli) e o toxo arnal (Ulex europeus).

Como cantaba o grupo Saraiba:

“Chorima nosa chorima,
tan amarela no monte,
ti é-la fror dos galegos,
dos de onte e dos de hoxe.
Fror de toxo,
fror de toxo,
fror da galeguidade
as raíces son a ialma
a chorima a saudade.”

A chorima, como símbolo abertamente galego e de aceptación social maioritaria, tamén é empregue por outras asociacións do tecido social galego. A mesma Federación Galega de Rugby utiliza a flor do toxo como símbolo.

logo FGRugby