Queremos compartir con vós un vídeo que usamos nas últimas eleccións municipais. Pasaron 4 anos e aínda segue vixente, froito dunha lexislatura perdida. O mundo vai cada vez máis rápido e os trens adoitan pasar unha soa vez, mais o statu quo semella non querer velo ou, peor aínda, os seus intereses persoais son incompatíbeis […]
Proposta para a confluencia de Converxencia 21 a Alternativa Tudense
Desde Converxencia 21 de Tui temos o obxectivo de facer todo o posible para rematar con este longo e negativo período na política e na economía tudense causado, en grande medida, polos sucesivos gobernos do PP dirixidos por Antonio Rocha e Moisés Rodríguez que xa dura desde 1998 e que supuxeron o empobrecemento e acusado declive de Tui. […]
Mancomunar o servizo do Conservatorio: outra proposta de C21
C21 Tui plantexa hoxe no pleno do concello a iniciativa de mancomunar o servizo do Conservatorio con concellos limítrofes galegos e portugueses coma un xeito de acadar economías de escala e, xa que logo, aforrar cartos aos contribuíntes incrementando a calidade do servizo. Podes ampliar a noticia premendo no enlace: Pleno Tui Converxencia 21, sempre […]
Proposta de C21 para a creación dun hospital transfroteirizo en Tui
O pleno do concello e Tui, debate, hoxe xoves, a proposta de C21 de crear un hospital transfronteirizo na debandita cidade. Podes ampliar información premendo no enlace: Pleno de Tui Converxencia 21 segue a facer propostas concretas, outros adícanse só á palabrería.
Capitalismo de amiguetes: un paradigma antiliberal
As empresas concesionarias que explotan o túnel ferroviario de alta velocidade entre Figueras e Perpiñán veñen de presentar preconcurso de acreedores ao non poder atender os vencementos dunha débeda que acada os 500 millóns de Euros. Nunha economía capitalista isto entra dentro do normal. As empresas arríscanse a emprender proxectos que poden ter suceso ou […]
Subvencionados: dar a man e coller o brazo
A patronal e os sindicatos andan a discurrir xeitos de meterlle o dente aos orzamentos do estado como boas organizacións extractivas de rendas que son. Agora resulta que queren recibir subvencións polo papel que xogan na negociación colectiva. Após todos os escándalos que estas organizacións veñen protagonizando relacionadas coa xestión dos cursos de formación, plantexarse seguir […]
Un vídeo, un cantante e a acción gobernamental
Preme no enlace e poderás ler o último artigo de Fernando del Río, membro da executiva nacional de Converxencia 21, no xornal dixital Galicia Confidencial: Un vídeo, un cantante e a acción gobernamental
Regular a eutanasia: respectemos a liberdade individual
Francia ven de aprobar unha lei que permite a sedación terminal, un paso adiante do que nos congratulamos, mais incompleto. Converxencia 21 considera necesaria a regulación da eutanasia e o suicidio asistido en consonancia co escrupuloso respecto da liberdade individual e as garantías debidas nun asunto tan delicado.