Logo de tres aeroportos –concentración inaudita no orbe occidental-, centos de millóns de euros en investimentos aeroportuarios e millóns dispendiados en subsidios a compañías aéreas, Galicia segue cunhas deplorables conexións aéreas co resto do mundo e os aeroportos galegos non cesan de perder pasaxeiros. É dicir, que se estamos mal aínda podemos ir a […]
POSICIONAMENTO DE CONVERXENCIA 21 EN RELACIÓN AOS LUMES NOS MONTES GALEGOS. VERÁN 2013.
En Converxencia 21 queremos amosar o noso profundo repudio polos incendios forestais que asoballan Galicia cada verán. É inconcebible comprobar como, ano tras ano, temos que asistir á destrución progresiva dun dos mellores activos que ten a día de hoxe o noso País e pola contra as entidades administrativas non fan máis que pór parches […]
Comunicado oficial sobre o accidente en Santiago de Compostela
Desde Converxencia 21 queremos amosar o noso apoio aos familiares das vítimas do accidente de tren en Santiago acontecido onte no serán, e desexamos a pronta e completa recuperación de todos os feridos. A Executiva do Partido quere expresarlle de maneira especial ao Presidente D. Carlos Vázquez Padín o máis sincero pésame polo pasamento da […]
Converxencia 21 diante do Día das Letras Galegas
Este ano o día das Letras Galegas é adicado a Roberto Vidal Bolaño, un brillantísimo dramaturgo que sempre mantivo na súa breve e esplendorosa vida unha postura crítica contra o Poder. En ‘Laudamuco señor de ningures’, o persoaxe do Rei, representado polo propio Vidal Bolaño, séntese abandoado polos seus súbditos, e vese obrigado a ter […]
Carlos V. Padín: “Un relevo en clave de suma”
Prestes a cumprir catro anos desde a fundación de Converxencia 21 tomo a decisión de non recandidatarme á Secretaria Xeral, no III Congreso, que se ha celebrar o vindeiro 20 de abril. A pesar de que non mo pediu nen unha soa persoa, tomo esta decisión por responsabilidade cos afiliados e coa parte da cidadanía […]
Converxencia 21 oponse ao financiamento público dos partidos e das súas fundacións
Converxencia 21 leva denunciando desde xa hai moito tempo o uso de fondos públicos –e por tanto a conta dos petos dos contribuíntes- para financiar a partitocracia imperante. Como xa temos sinalado, este financiamento discriminatorio altera substancialmente a concorrencia electoral –repercutindo por tanto no deficiente desempeño da nosa democracia- e, como demostran múltiples e recorrentes […]
A Xunta de Galicia fuxe das súas funcións unha vez máis
O pasado 18 de outubro, Converxencia 21 rexistrou na Xunta de Galicia unha petición formal para a retirada da Medallas Castelao a Jose Luis Méndez e Julio Gayoso porque, ao noso entender, non eran merecedores de tal condecoración por evidentes – e xa expostos – motivos. A resposta da Xunta de Galicia a Converxencia 21 foi […]
"Á cidadanía", sobre a folga xeral
Á cidadanía. Diante da convocatoria de folga xeral no noso país, folga común a España, Portugal, Francia e Italia, queremos manifestar o seguinte: 1.- O dereito á folga é un dereito fundamental dos traballadores recollido no artigo 28.2 da Constitución española e está previsto e regulado no Real Decreto Lei 17/1977 de Relacións de Traballo. 2.-O art. […]