Converxencia XXI celebrará este venres 5 de outubro o seu acto nacional de apertura de campaña en Santiago de Compostela. O acto iníciase ás 20:30 horas cun meeting que terá lugar no Centro Sociocultural do Sar (Rúa Ponte do Sar nº 43) onde intervirán os cabezas de lista ás eleccións galegas polas catro provincias. Despois do meeting, ás 22:30 […]
Dez razóns para votar Converxencia 21
Por que votar Converxencia XXI? Dez boas razóns para facelo: 1. Porque presentamos un programa galeguista de reformismo liberal e integrador, co espírito nos problemas da nosa Terra, propugnando reforma valentes, sen demagoxias, que fomenten o esforzo e a frugalidade, liberándonos da crecente opresión fiscal e das trabas regulatorias que atenazan o emprendemento. 2. Porque […]
Por unha auténtica reforma do sector eléctrico
O goberno do Partido Popular está preparando unha reforma da lei reguladora do sector eléctrico. Mais, como sempre, o goberno do Partido Popular non é capaz de confrontar con decisión a pésima situación do sector eléctrico español que todos os anos está a xerar un déficit tarifario de miles de millóns de euros. A consecuente […]
Feliz Día Nacional de Galicia
O 25 de xullo, día de Santiago Apóstolo, celebramos o Día Nacional de Galicia. Desde Converxencia XXI desexamos, nesta data tan especial para todos nós, ter unha pequena lembranza para todos aqueles bos e xenerosos que co seu esforzo altruísta contribuíron a que hoxe todos en Galicia sexamos un pouco mais libres, un pouco mais […]
Dez políticas en prol do emprendemento
A economía española baseou o seu crecemento na primeira década deste século no sector inmobiliario. Porén, este sector desmoronouse vítima dunha enorme burbulla. As economías galega e española encóntranse agora mergulladas nunha crise económica de histórica magnitude. Necesitamos que as actividades inmobiliarias sexan substituídas por novas actividades. Esta han vir da man dos emprendedores, da man […]
Rajoy arruina as familias pero non se atreve cos privilexiados
O goberno do Partido Popular insiste en facer recaer sobre o lombo da maioría dos cidadáns os custos da crise económica mentres os privilexiados, á sombra do poder, conservan intactas as súas prebendas. Neste sentido o goberno do Partido Popular: – Subiu brutalmente os impostos ( IRPF, sociedades, canon da auga, IBI, previsibelmente IVA,…). – […]
Converxencia XXI celebra o rexeitamento do ACTA
Os liberais galegos celebramos que o pasado 4 de xullo o Parlamento Europeo rexeitase a aplicación do Acordo Comercial Anti-Falsificación (Anti-Counterfeiting Trade Agreement – ACTA), que suporía un contundente golpe ás liberdades individuais en Europa, por 478 votos en contra, 39 a favor e 165 abstencións. Antes da votación o Parlamento Europeo recibiu unha petición […]
Contra o dispendio nas infraestructuras públicas
Nos últimos anos vimos observando un modelo de actuación, por parte do goberno do Estado, en canto ás políticas de infraestructuras públicas case que esperpéntico. O goberno non só dilapida milleiros de millóns de euros en infraestructuras dos fondos públicos senón que ademais a lóxica destas infraestructuras non responde a un patrón de mellora estratéxica […]