REUNIÓN LIBERAL ABERTA

  Este sábado día 30 de novembro no Restaurante Bocalino na Rúa República Arxentina nº 11 de Santiago de Compostela, teremos unha xuntanza aberta a calquera persoa que queira coñecer o noso posicionamento político. Falaremos dos postulados liberais e galeguistas necesarios para o noso país. Se queres compartir con nós un café agardámoste. A Executiva […]

XUNTANZA CON ESTUDANTES

    O vindeiro día 13 de novembro ás 21 horas haberá unha xuntanza aberta con estudantes no Restaurante Bocalino, sito na Rúa República Arxentina nº 11 en Santiago de Compostela. Falaremos das verdadeiras ideas liberais e así poderás ver a demagoxia que actualmente as rodea e que solucións aporta á situación actual pola que […]

Contra a fraude electoral do Partido Popular

O Partido Popular pretende aprobar en breve unha reforma electoral que reducirá o número de escanos no Parlamento de Galicia dos 75 actuais a 61. A desculpa aducida é o aforro que tal redución suporá para as arcas públicas. Se algo caracteriza a Converxencia 21 é a súa intención de suprimir todos os gastos superfluos […]

Contra a intervención militar en Siria

Os estados occidentais teñen o desafortunado costume de intervir frecuentemente nos asuntos internos de terceiros países. En casos extremos recorren ao uso directo da forza bruta esgrimindo razóns humanitarias para xustificar a intervención. Porén, a historia amosa que frecuentemente detrás destas louvables razóns agóchanse escuros intereses que nada teñen a ver co que se predica. […]