Para podermos acadar un sistema educativo de calidade e no que esté garantida a libre elección dos pais, as nosas propostas son: Introdución do chamado cheque escolar que garante a libre elección gratuíta de centro educativo por parte das familias favorecendo así a concorrencia entre centros educativos e, por tanto, a mellora da súa calidade […]
Programa electoral: Reforma da administración
Contra o dispendio e a corrupción as nosas propostas son: Reducir o número de cargos políticos nas administracións españolas nun número arredor dos 500.000 para situarnos nunha cifra por habitante próxima a Alemaña e outros países do norte de Europa, levando a cabo as reformas institucionais precisas –especialmente da administración local- e co obxectivo de […]
Vota Converxencia 21. Galicia con sentidiño!
Hoxe comeza a campaña electoral para as eleccións galegas do vindeiro 25 de setembro e, como non podía ser doutro xeito, Converxencia 21 preséntase ás mesmas tal e como anunciamos hai días na rede social Twitter na que todos nos seguides. Como candidato á Xunta preséntase o noso Secretario Xeral Garcilaso de la Vega López […]
A prol da igualdade de dereitos entre as persoas
Converxencia 21 sempre se posicionou a prol da liberdade individual. Porén, queremos aproveitar os festexos do Orgullo LGBT para reivindicar a igualdade de dereitos entre as persoas, sexa cal sexa a súa orientación sexual. Desde Converxencia 21 entendemos que o matrimonio é un dereito de tódolos cidadáns – e non un privilexio dunha colectividade – que significa […]
O leite galego: marketing, deleite e oportunidades (perdidas?)
Dá moita magoa ver como un dos sectores produtivos históricos de Galicia vai esvaecendo. Galicia chegou a producir o 70% da produción total de leite de España, e o gran problema foi ese mesmo, como nos pasa en moitos sectores, que pretendíamos competir por volume, por prezo… E esa loita, na Europa Occidental do século […]
Grupo parlamentar galego
Nas pasadas eleccións españolas deuse en Galicia unha confluencia astral nunca vista ata entón. O nacionalismo de esquerdas aliábase coa esquerda radical española nun intento de unir forzas para chegar a tomar o ceo por asalto. O nacionalismo de esquerdas vendeu esta fusión coma o vieiro máis rápido para acadar unha vella arela: o grupo […]
Relatorio Estratéxico. IV Congreso C21
IV CONGRESO DE CONVERXENCIA 21 RELATORIO ESTRATÉXICO Introdución Converxencia 21 segue a ser unha forza necesaria no panorama da política galega actual. Unha forza que, sen hipotecas de ningún tipo, sexa quen de artellar unha axenda reformista para que a nosa economía medre en todo o seu potencial. O camiño non vai ser doado, […]
Eleccións Españolas
Converxencia 21 acordou de cara ás vindeiras eleccións ao Estado que se van celebrar o 20 de decembro non acudir ás mesmas. As razón si son varias pero entre outras están: 1.- Converxencua 21 cre que se deben concentrar esforzos nas eleccións que se van celebrar á Xunta o ano que vén, polo que acudir […]