Contra a suba das cotizacións sociais

  Este día 31 de xaneiro os autónomos societarios e aqueles que teñan máis de dez traballadores contratados viron que as súas cotas mensuais a pagar á Seguridade Social subiron de súpeto un 20%. A isto tamén hai que sumar o incremento das cotizacións sociais aos asalariados que inclúen conceptos antes exentos que lles implica […]

En defensa do dereito de secesión

A secesión, ou dito doutra maneira, o divorcio político, é un principio netamente liberal, que emana do direito natural dos individuos a decidir con quen se asocian politicamente. É un criterio absolutista acreditar que a permanencia nun longo tempo dunha determinada unidade política, como é o caso de España, confírelle un carácter sacrosanto, por moito […]

XUNTANZA CON ESTUDANTES

    O vindeiro día 13 de novembro ás 21 horas haberá unha xuntanza aberta con estudantes no Restaurante Bocalino, sito na Rúa República Arxentina nº 11 en Santiago de Compostela. Falaremos das verdadeiras ideas liberais e así poderás ver a demagoxia que actualmente as rodea e que solucións aporta á situación actual pola que […]

Contra a intervención militar en Siria

Os estados occidentais teñen o desafortunado costume de intervir frecuentemente nos asuntos internos de terceiros países. En casos extremos recorren ao uso directo da forza bruta esgrimindo razóns humanitarias para xustificar a intervención. Porén, a historia amosa que frecuentemente detrás destas louvables razóns agóchanse escuros intereses que nada teñen a ver co que se predica. […]

Foro Liberal Ibérico

  Os días 14 e 15 de setembro celébrase en Madrid o Iberian Liberal Forum organizado polo Movimento Liberal Português (MLS), a Asociación Galega pola Liberdade e a Democracia (GALIDEM) e a Unión Centrista Liberal (UCL). Unha delegación de Converxencia 21 encabezada polo membro da Executiva Nacional Fernando del Río acode a esta importante cita. O […]

Outra Política Aeroportuaria é posible

  Logo de tres aeroportos –concentración inaudita no orbe occidental-, centos de millóns de euros en investimentos aeroportuarios e millóns dispendiados en subsidios a compañías aéreas, Galicia segue cunhas deplorables conexións aéreas co resto do mundo e os aeroportos galegos non cesan de perder pasaxeiros. É dicir, que se estamos mal aínda podemos ir a […]

Converxencia 21 diante do Día das Letras Galegas

Este ano o día das Letras Galegas é adicado a Roberto Vidal Bolaño, un brillantísimo dramaturgo que sempre mantivo na súa breve e esplendorosa vida unha postura crítica contra o Poder. En ‘Laudamuco señor de ningures’, o persoaxe do Rei, representado polo propio Vidal Bolaño, séntese abandoado polos seus súbditos, e vese obrigado a ter […]