O vindeiro día 25 de xullo os liberais galegos tamén temos o noso espazo en Santiago de Compostela para celebrar o Día Nacional de Galicia. Logo da ofrenda floral que faremos para lembrar os falecidos e accidentados no accidente de Angrois celebraremos un xantar ás 14 horas nos xardíns que hai detrás do Xulgado […]
destacada
Novo exemplar da revista Chorima
Xa está dispoñible o exemplar número 10 da nosa revista Chorima. Premendo neste enlace tes acceso a el. http://pt.calameo.com/read/00020775830bf84762fa0
Eleccións Europeas 25 de maio 2014
Converxencia 21 comunica que non presentou candidatura para as eleccións de 25 de maio tras tomar a decisión de centrar os seus esforzos nas vindeiras eleccións municipais do ano 2015. Nas eleccións europeas, Converxencia 21 recomenda o voto para o Partido da Liberdade Individual (P-Lib) por considerar as súas posicións en materia económica […]
Reforma tributaria
O vindeiro día 26 de abril no Parador de Tui haberá unha xuntanza aberta ás 12 da mañá na que se exporá a urxente reforma tributaria que o Estado precisa para poder sairmos da crise. Á Xuntanza será aberta e poderá acudir calquera persoa que estea interesada neste campo. Intervirá Antonio Pérez, Secretario de […]
Reforma fiscal
É máis que evidente que o Estado precisa unha reforma fiscal urxente e completa que incentive a actividade económica, o aforro, o investimento e poida por fin reducir as escandalosas cifras de desemprego. A semana pasada publicouse por fin o ansiado informe do comité de expertos, designado polo Goberno, que viña ser un borrador de […]
Os liberais galegos ante Europa
Europa como un espazo común de convivencia, cooperación e integración é unha concepción xenuinamente liberal que se retrotrae, cando menos, ao Manifesto de Oxford de 1947 e que foi confirmada na Declaración de Stuttgart en 1976. A CECA, a CEE e, hoxe, a UE, son a superación da Europa dos antagonismos que os gobernos […]
Contra a suba das cotizacións sociais
Este día 31 de xaneiro os autónomos societarios e aqueles que teñan máis de dez traballadores contratados viron que as súas cotas mensuais a pagar á Seguridade Social subiron de súpeto un 20%. A isto tamén hai que sumar o incremento das cotizacións sociais aos asalariados que inclúen conceptos antes exentos que lles implica […]
En defensa do dereito de secesión
A secesión, ou dito doutra maneira, o divorcio político, é un principio netamente liberal, que emana do direito natural dos individuos a decidir con quen se asocian politicamente. É un criterio absolutista acreditar que a permanencia nun longo tempo dunha determinada unidade política, como é o caso de España, confírelle un carácter sacrosanto, por moito […]