Delegación de Converxencia XXI visita a Javier Fernández, cidadán cubano residente en Galicia en folga de fame.

O compromiso de Converxencia XXI coas liberdades e a democracia non varía en función de se a ditadura é de esquerdas ou de dereitas, lamentamos que os tres partidos presentes no parlamento galego non se expresen dunha forma igualmente clara e contundente en contra de todas as ditaduras.
E para demostralo con feitos unha delegación de Converxencia XXI, encabezada polo Secretario Xeral, visitou e expresou o seu apoio a Javier Fernández e por extensión a todos os demócratas de Cuba e a todas as persoas que no mundo sofren ou sufriron a represión de ditaduras de calquera signo político. Javier Fernández está en folga de fame en protesta pola situación dos presos de conciencia do rexime comunista cubano.
Despois, os representantes de Converxencia XXI reuníronse co consul de Cuba en Santiago de Compostela para trasladarlle a petición de liberación en Cuba de todos os presos de conciencia que están nas cadeas castristas polas suas ideas.
Neste vínculo máis información e fotos da visita:
http://www.facebook.com/photo.php?pid=30846938&o=all&op=1&view=all&subj=...



