Delegación de Converxencia XXI asiste a xornadas da Internacional Liberal en Cádiz

Carlos V Padín, Secretario Xeral de Converxencia XXI asistiu como convidado ao evento que a Internacional Liberal organizou entre os dias 19 e 21 de marzo en Cádiz.
O encontro estaba centrado en debater sobre o presente e as espectativas de futuro das organizacións políticas liberais na península Ibérica e en Latinoamérica. Converxencia XXI consigue por segunda vez despois da sua participación no congreso do ELDR en Barcelona, facer a Galicia visible nun foro internacional desta importancia.
Padín participou xunto con lideres doutras organizacións políticas e think tanks ibéricos nunha conferencia sobre o futuro do liberalismo na península e expresou que a estratexia de Converxencia XXI pasaba por plantexar unha implantación concello por concello, especialmente nos de mediano tamaño nas vindeiras eleccións municipais.
Máis imaxes en http://www.facebook.com/album.php?aid=157038&id=85360043514



